O PSOE nomea unha comisión xestora que asuma a dirección do partido na Pobra

    andresrey_100_240706.jpgPOBRA > A executiva nacional do PSdeG vén de nomear unha comisión xestora na Pobra do Caramiñal, trala demisión do anterior secretario xeral, Xosé Manuel Suárez. Este novo órgano, presidido por Andrés Rey, será o encargado de regularizar e orientar a situación do partido na localidade así como xestionar a actividade política.

    Xunto a Andrés Rey, que ostentará a presidencia, integran esta xunta xestora Xesús Huerta, Teresa García Guillán, José Ramón Teixeira e Isabel Castro. Os cinco membros serán os encargados de xestionar a actividade política do partido no municipio co fin de regularizar a situación orgánica na que se atopaba trala repentina dimisión do, ata agora secretario xeral, Xosé Manuel Suárez.

    Foi a executiva nacional á que solicitou á dirección do partido o nomeamento da xestora co obxectivo de normalizar a situación do PSOE na Pobra, que ata agora viviu importantes cambios e desacordos entre os seus membros materializados na renuncia de Suárez e na expulsión do partido de dous ediles socialistas.xestorapsoe_200_240706.jpg

    Segundo o secretario comarcal, Blas García, o principal obxectivo é traballar conxuntamente en defensa dos intereses dos veciños sin ter en conta os problemas internos ou as discrepancias existentes no seo da agrupación local. Neste sentido, Blas García fai un chamamento a tódolos socialistas da Pobra para que colaboren co traballo da xestora local para mudar así a situación de inestabilidade existente na actualidade na Pobra.

    Esta situación manterase unicamente de forma temporal posto que a xestora constitúe un órgano de trámite que estará vixente ata que a asemblea de militantes elixa unha executiva local e unha candidatura que represente o partido nas eleccións municipais do vindeiro ano. Ata que isto suceda, os socialistas instan á cidadanía pobresa a que non perda a confianza no seu partido que, segundo as súas propias palabras, seguirá a traballar na defensa dos intereses xerais da Pobra.

    Redacción Barbanza