Expoferta 2014 arranca con descontos de ata o 70 %

    VILAGARCIA> Imos agora de ofertas porque en Vilagarcía comezou hoxe Expoferta, a Feira de Oportunidades que organiza a Asociación Zona Aberta. Achegámolos alí a mediodía e encontrámonos con descontos de entre o 50 e o 70 %.

    Este día chuvioso animou a moitos clientes a pasarse pola carpa de Expooferta na explanada do Auditorio de Vilagarcía, a feira de oportunidades que organiza nesta fin de tempada a Asociación Zona Aberta. Xa nas primeiras horas había varios clientes mirando e comprando, sorprendidos polos importantes descontos de entre o 50 e o 70 %. Nesta carpa hai uns trintena expositores de Vilagarcía pero tamén doutros Concellos da Arousa que intentan aquí liquidar stocks e pechar con boas cifras esta tempada de verán. Estes comerciantes animan a veciños e visitantes a deixarse caer por esta carpa para facer as últimas compras do verán ou mesmo prepararse para a nova tempada.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/08/expoferta.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/08/inauguracion_expoferta.mp4{/flowplayer}