Os nacionalistas de Sanxenxo desconfian da suspensión de 30 licenzas urbanizables

    SANXENXO> Os nacionalistas de Sanxenxo afirman non crer as motivacións que levaron a Telmo Martín a suspender as licencias de 30 solos urbanizables. Unha proposta que o actual rexedor da vila levará a pleno o luns que ven. Os dous edís nacionalistas de Sanxenxo admitiron en rolda de prensa non crer os motivos que o actual rexedor, Telmo Martín, esgrimiu para suspender as licencias de 30 solares urbanizables na vila. O voceiro do BNG de Sanxenxo afirmou en rolda de prensa que o que parece unha redución das pretensións urbanísticas do Partido Popular non son reais. Para Otero a política urbanística do PP nas lexislaturas anteriores foi equivocada e agora segundo o nacionalista están a cometer os mesmos erros.