O concello de Rianxo brinda unha emotiva homenaxe ó palista Miguel Rodríguez

    RIANXO > O concello de Rianxo ofreceulle unha emotiva homenaxe ó palista do Club Piragüismo Rianxo, Miguel Rodríguez Galbán, polo seu recente éxito no Campionato de Europa Junior e Sub-23 que se disputou en Atenas, onde conseguiu dúas medallas, unha de prata e outra de bronce, na categoría C1 en mil e quinientos metros, respectivamente. Durante o acto que se desenvolveu no salón de plenos o alcalde, Pedro Piñeiro, felicitou ó xoven deportista, agradecéndolle o feito de que leve o nome da localidade por todo o mundo.

    piragista_300_010806.jpgÁs portas da casa consistorial rianxeira agardában ó autobús o propio alcalde, Pedro Piñeiro, e demais membros da corporación, entre eles os voceiros do PP e do BNG, así como tamén algúns veciños que recibiron cun forte aplauso e un abrazo a Miguel Rodríguez Galbán. Posteriormente e xa no salón de plenos do concello, que volveu a quedarse pequeno, desenvolveuse a recepción oficial que tiña como finalidade principal felicitar ó palista despois dos enormes éxitos acadados no Campionato de Europa Junior e Sub-23 que se disputou en Atenas, onde conseguiu dúas medallas, unha de prata e outra de bronce, na categoría C1 en mil e quinientos metros, respectivamente.

    Ademais dos deportistas do Club Piraguismo Rianxo, no salón de plenos tamén se deron cita amigos e familiares do palista, que se desprazaran tamén anteriormente ata o aeroporto de Lavacolla para recibir ó deportista.

    Durante o acto que estivo presidido polo rexedor local, Pedro Piñeiro, e que contou coa presenza tamén do concelleiro de Deportes, Xosé Figueiro Carou, e a delegada de Deportes, Beatriz Figueira, eloxiouse o labor realizado polos palistas do Club Piragüismo Rianxo, en especial na figura de Miguel Rodríguez Galbán, que ano tras ano están a colleitar grandes trunfos tanto a nivel galego coma estatal e mesmo internacional.

    O rexedor rianxeiro fíxolle entrega ó palista dunha dorna de prata en recordo do acto institucional que se acababa de realizar.

    O palista rianxeiro, que con 17 anos está considerado un dos sucesores de David Cal, agradeceu a homenaxe realizada e amosouse esperanzado en poder seguir mantendo un alto nivel e conseguir novos retos. Para el non está lonxe a participación nos Xogos Olímpicos de Pekín.

    No acto tamén estivo presente o Presidente e adestrador do Club Piraguismo Rianxo, Ramón Vázquez, que fixo referencia ós importantes trunfos que está a acadar a entidade que el dirixe a pesar de ter unha recente constitución e un escaso presuposto.

    Redacción Barbanza