A FEB reparte 20 mil euros en vales de compra

    A Federación de Empresarios do Barbanza celebrou esta fin de semana no restaurante Torre Xunqueiras da Pobra do Caramiñal o sorteo da súa campaña de Nadal. O restaurante Torre Xunqueiras da Pobra foi, esta vez, o escenario elixido para a celebración do sorteo da campaña comercial desenvolvida durante este pasado Nadal pola Federación de Empresarios do Barbanza. Nesta edición, tomaron parte un total de nove patronais locais, que deste xeito quixeron sumarse novamente á campaña conxunta na que participaron ó redor duns catrocentos establecementos comerciais como explicou o propio presidente da patronal comarcal, Xosé Ramón Romero, durante o sorteo. En total este ano repartíronse uns 20 mil euros en premios, cen vales de compra por valor de douscentos euros. Como de costume foron varios rapaces os encargados de ir extraendo as rifas premiadas dunha gran caixa na que estaban todas depositadas. A lista de afortunados xa pode consultarse a través da páxina web da propia patronal comarcal: www.feba.es. Os gañadores terán ata o 28 de febreiro para poden canxear os seus premios. Ademais dos premios en vales de compra, a campaña deste ano volveu a contar tamén cunha actividade complementaria e de animación para dinamizar as vendas. A maioría delas foron dirixidas ós cativos. A celebración da campaña foi posible grazas tamén á colaboración da Deputación da Coruña. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/13/sorteocampananadalfeb130114.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/13/sorteocampananadalfeb130114.mp4{/flowplayer}