O polígono de Espiñeira recibe máis de 100 mil euros da Xunta para melloras viarias e modernización

BOIRO> A delegada territorial da Xunta na Coruña, mantivo un encontro cos empresarios do polígono de Espiñeira, en Boiro. Ademais de interesarse polas demandas do colectivo, Belén Docampo tivo ocasión de visitar as obras executadas con cargo ás axudas da Consellería de Economía e Industria para mellorar os parques empresariais.

Belén Docampo anunciou en Espiñeira a convocatoria dunha nova liña de axudas autonómicas para a mellora dos parques empresarias dotada con tres millóns de euros. O concello de Boiro volverá a concorrer con varios proxectos destinados ó asfaltado das zonas de estacionamento, mellora de sinalización e modernización coa incorporación de cargadores eléctricos e medios dixitais de información.

No encontro cos empresarios, a delegada acolleu con interese outras necesidades relativas á mellora dos accesos ó polígono para garantir a seguridade viaria. Comprometeuse a trasladalas ós correspondentes departamentos autonómicos posto que dependen de varias Consellerías.

Ó remate da visita, Belén Docampo tivo ocasión de comprobar o resultado das actuacións executados con cargo á convocatoria do ano pasado coa que se procedeu á construción de beirarrúas e un sistema de cámaras de videovixilancia.