Os pasos elevados da autovía dificultan a comunicación entre as aldeas

    pasoselevados_100_171207.jpgPOBRA > O BNG da Pobra fíxose eco das queixas dos veciños preocupados polo elevados que están a construi-los pasos superiores da futura autovía.

    O concelleiro do grupo municipal do BNG da Pobra do Caramiñal, Severino Romero Davila, denunciou o malestar que está a causar entre os veciños da localidade a construción dos pasos elevados sobre a futura autovía.

    O edil nacionalista puxo como exemplo a situación que se dá na zona do Freixo, na parroquia de San Isidoro de Postmarcos, onde o gálibo da ponte vai a provocar que quede unha elevada pendente que traerá graves consecuencias na comunicación entre os núcleos de poboación alí existentes.

    Severino Romero Davila sinalou ademais que este problema non é único nesta zona e se repite noutros lugares do concello nos que se están a construir pasos superiores.

    O problema mesmo lle foi trasladado ó grupo parlamentario do BNG, que a través dunha iniciativa da deputada Ana Pontón se interesou por esta situación, instando á Consellería de Política Territorial a realizar unha inspección a fondo do proceso de execución das obras coa finalidade de darlle unha solución satisfactoria ás queixas formuladas polos veciños.

    {flowplayer}barbanza/pasoselevados.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza