Un morto e tres feridos nun accidente na Vía Rápida do Salnés

    VILAGARCÍA > Menos grave é o estado do matrimonio ferido no accidente de tráfico ocorrido no corredor do Salnés, entre Cambados e Vilagarcía. Aínda que nun primeiro momento ingresaron en Montecelo, de madrugada foron trasladados ó Hospital Domínguez onde permanecen en habitación con diversos traumatismos no corpo. Ademais estaba previsto que fose para alí o fillo de sete anos que ingresou no Hospital do Salnés e que tamén está fora de perigo. No sinistro viuse implicado tamén un veciño do Grove que faleceu no acto e que será enterrado o mércores en San Vicente.

    accidentecambados_200_010806.jpgAntonio López, veciño do Grove de 46 anos, e que viaxaba só nun Peugeot 205, morreu no acto a consecuencia do violento impacto, mentras que os tres ocupantes do Alfa Romeo, un matrimonio cun neno de sete anos, de Vilagarcía, foron trasladados de madrugada ó Hospital Domínguez, onde se recuperan das súas graves feridas. Trátase dun matrimonio formado por Luís L. M. e María de la Cruz G.G. de 37, así como o seu fillo Esteban de sete anos.

    O falecido era empregado da empresa ‘Gallega de Rehabilitaciones y Montajes’ e viña de traballar na zona de Vilagarcía. Compañeiros seus ían detrás noutro coche e foron testemuñas do sucedido. Precisamente parece que foi o seu vehículo o que invadiu o carril contrario e chocou contra o turismo no que a familia regresaba da praia. Así o comentou o conductor do Alfa Romeo, quen asegurou que veu como o outro coche se lle viña enriba sen poder evitalo. accidentecambados2_200_010806.jpg

    A forza do impacto foi tal que foi precisa a interveción do equipo de excarcelación dos bombeiros que tivo que traballar máis dunha hora para poder sacar ben ós feridos e, sobre todo, ó falecido que quedou atrapado entre o amasillo de ferros. Tamén se achegaron de inmediato efectivos da Garda Civil que tiveron cortado o tráfico en sentido a Vilagarcía durante máis dunha hora, producíndose no outro carril tráfico lento.

    accidentecambados4_200_010806_1.jpgVarias ambulancias trasladaron ós feridos ata Pontevedra e, anque se achegou un helicóptero medicalizado do 112, finalmente a súa intervención non foi precisa xa que nada se podía facer xa polo conductor do Peugeot. Deste xeito pechábase un dos peores meses de xullo que se recordan nas estradas galegas, onde faleceron nos últimos 31 días 34 persoas. Unha cifra que fixo cuestionar a moitos a eficacia do carne por puntos, aínda que fontes de tráfico e do goberno seguen asegurando que a cifra total no país baixou considerablemente e que sí se nota unha mellora na conducción dende que comezara a aplicarse o permiso por puntos hai xustamente un mes.

    Redacción Salnés