Enrique León: ‘Quero atraer votos doutros grupos políticos’

    enriqueleon_100_290806.jpgVILAGARCÍA > O candidato da executiva local do Psoe vilagarcián, Enrique León, asegurou en Tele Salnés Barbanza que aspira non só a consegui-los votos dos socialistas vilagarciáns. León cre que podería atraer votos doutras forzas políticas da vila, e iso é precisamente o que tratará de conseguir se finalmente é o candidato do Psoe ás municipais.

    León, que estivo en directo no plató das Novas do Día,  asegura sentirse moi arroupado por toda a familiaenriqueleonplato_300_290806.jpg socialista e asume con gran ilusión este novo reto que lle plantexaron hai tan só uns días e que apenas tivo que pensar. Afirma que é un orgullo poder dirixi-lo concello no que viviu tantos anos e ó que se sinte tan unido e aposta por potencia-las políticas sociais de saír elexido. Para iso, o ex comisario vilagarcián espera atraer votos non só dos socialistas vilagarciáns, senón tamén de persoas que ata o de agora votaban a outras forzas políticas. Deste xeito o Psoe parece querer atraer a aqueles votantes socialistas que, desencantados co goberno de Javier Gago, deixaron de acudir ás urnas ou mesmo optaron por outras forzas políticas nos últimos anos.

    Redacción Salnés