Os veciños da Illa enfróntanse na inauguración das obras do acceso ó Xufre

    xufre_protesta100_150109.jpgA ILLA > Gritos e insultos entre os propios veciños. Isto foi o que se atopou a conselleira de Política Territorial na inauguración das obras do acceso ó Xufre.

    {flowplayer}images/salnes/xufre_protesta.flv{/flowplayer}

    A ILLA > A conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, inaugurou, este mediodía, as obras da estrada de acceso ao porto do Xufre, na Illa de Arousa. Durante a colocación da primeira pedra desta estrada produciuse un enfrontamento entre os veciños afectados por esta vía e os que apoian a consellería de Caride. A vía PO-307 afecta a catro vivendas particulares que serán derribadas. Os propietarios esixíanlle hoxe á conselleira unha solución.

    As obras da estrada autónomica PO-307 obrigarán a tirar dúas casas na zona de Cabodeiro, unha industria conserveira e un bar a pleno rendemento. Os afectados por estes derribos achegáronse hoxe ao acto de colocación da primeira pedra das obras e arremeteron contra a conselleira de Política territorial, María Xosé Caride. Un dos veciños afectados entregoulle unha carta á conselleira explicando a súa situación persoal. A conselleira recolleu este escrito e comprometeuse a ter en conta o que alí aparece redactado.

    Os propietarios das casas afectadas por este proxecto piden á consellería que lle de unha solución. Segundo eles, os cartos non lle devolverán a súa casa. A tensión do momento provocou o enfrontamento entre os dous bandos dos veciños alí representados. Por un lado os veciños prexudicados por este proxecto e por outro, aqueles que defenden a xestión de Caride. Ambos cruzaron gritos e insultos sobre a súa opción política. Estes veciños atacáronse verbalmente e mesmo tentaron chegar as mans.

    Redacción Salnés