VI Competición da Liga Galega de Slalom chega a Ribadumia

    RIBADUMIA> O concello de Ribadumia e a Federación Galega de Piragüismo xa teñen todo preparado para slalom de esta modalidade, que se celebrará este domingo 25 de xuño. A VI Competición da Liga Galega de Slalom, chegará a Ribadumia o vindeiro 25 de xuño, ou o que ñe o mesmo, este domingo, para que uns 80 deportistas das categorías alevíns, benxamíns e infantís practiquen esta modalidade. Alfredo Bea, presidente da Federación Galega de Piragüismo explicou na presentación de esta competición as particularidades de esta proba, que terá lugar o domingo, nas instalacións náutico deportivas de Cabanelas en Ribadumia, as 11:00h. Nesta edición o concello de Ribadumia e a Federación Galega de Piragüismo traballaron man a man para organizar esta proba, na que participarán 3 equipos da provincia de Pontevedra, un de A Coruña e outro de Lugo.