A Consellería de Política Social e o concello de Vilanova renovan o convenio do albergue das Sinas

    O conselleiro de Política Social, Rey Varela, aproveitou a súa visita polo Salnés para visitar o albergue xuvenil das Sinas, en Vilanova, e renovar así o convenio de cesión destas instalacións que existe entre a entidade autonómica e este concello. Acompañado pola Directora Xeral de Xuventude e o Delegado da Xunta en Pontevedra, o conselleiro de Política Social visitou esta mañá o albergue xuvenil das Sinas en Vilanova, e aproveitou para renovar con alcalde da localidade, Gonzalo Durán, o convenio que une ambas entidade. A partir de mediados de xuño e ata mediados de setembro, uns 600 rapaces e rapazas pasarán por estas instalacións para gozar dos campamentos de verán. Un espazo que ademais de ter o seu uso durante a temporada estival, conta con actividade durante todo o ano, algo que queda garantido coa renovación deste acordo. Ante as preguntas da prensa, o alcalde e o conselleiro, reafirmaron tamén a intención de sacar adiante a o proxecto da ampliación do club de xubilados para convertelo nun centro social. Durán afirmou que xa contan co local para esta ampliación, e asegura que agardan comezar as obras.