Un obreiro ferido grave nun accidente laboral en Boiro

    rescate_en_boiro2_100_300806.jpgBOIRO > Un xoven traballador da construción veciño de Boiro resultou ferido grave a consecuencia dun accidente laboral que se produciu na zona de Praia Xardín. Ó parecer e segundo informaron fontes policiais o obreiro precipitouse dende unha altura de tres metros, dunha cuarta planta á terceira.

    O accidentado, Miguel Ángel G: G, de 28 anos e natural de Boiro,  estaba traballando nun edificio en construción na zona de Prrescate_en_boiro_300_300806.jpgaia Xardín, cando por motivos que se descoñece precipitouse dende unha altura de tres metros, dunha cuarta planta a unha terceira. Ata o lugar do sinistro achegáronse varias unidades dos Parques de Bombeiros de Boiro e Ribeira, que se encargaron de atender ó ferido.A dificultade do rescate provocou que os bombeiros tiveran que empregar unha autoescada para recoller ó ferido polo aire, que primeiro tivo que ser inmobilizado nunha padiola.

    O xoven unha vez rescatado foi trasladado nunha ambulancia do 061 ata o Hospital Comarcal do Barbanza onde se lle diagnosticaron lesións  na columna e diversos politraumatismos.

    Redacción Barbanza