POBRA> A Pobra terá unha nova cita remeira de competición do máis alto nivel coa disputa do Campionato Galego Xunta de Galicia de Remo de Mar.
A organización desta proba, que terá lugar na praia do Areos o vindeiro domingo 14 de setembro, corresponderalle ó Club Remo Puebla, en colaboración coa Federación Galega de Remo.
No campionato tomarán parte uns 150 remeiros pertencentes a tódalas categorías, dende alevín a veteranos, procedentes de clubs de toda a Comunidade.
Dende o Concello, que colabora tamén coa proba, destacaron a importancia desta iniciativa, convidando a toda a veciñanza a asistir eses día a presenciar o evento.
Aproveitaron a ocasión para eloxiar os logros acadados recentemente polo Club, exemplo de traballo, dedicación e esforzo.











