Catro escritores da comarca ofrecerán un recital na Pobra co gallo do Día da Poesía

A POBRA> Por segundo ano consecutivo, A Pobra volverá conmemorar o Día Mundial da Poesía. Será o 21 de marzo cun recital poético a cargo de catro escritores da comarca. Os seus versos irán acompañados con música e voz da soprano Esperanza Mara.

O novo auditorio Victoriano García Martí, situado no Museo Valle-Inclán da Pobra, acollerá o recital poético organizado polo concello da Pobra para conmemorar o Día Mundial da Poesía. Intervirán catro escritores da comarca: Manuel Teira, Anxos Castro, María Fernández e Manuel López Rodríguez co acompañamento musical de Esperanza Mara.

A intención do concello é que sexa un acto participativo polo que anima ós veciños a sumarse recitando versos propios ou doutros poetas. Os que así o desexen teñen unha cita este venres 21 ás oito e media da tarde.