A POBRA> O BNG da Pobra volve a denunciar o estado de abandono no que se atopan a maior parte das rúas do Concello.Segundo eles non é un problema exclusivo da zona rural, senón que se dá tamén no casco urbano, poñendo como exemplo as rúas Rafael Dieste ou Alexandre Bóveda.
Para o BNG trátase de algo habitual, que se repite tódolos anos, o total abandono no que se atopan as rúas do Concello, ateigadas de vexetación e con falla de limpeza. Segundo eles non é un problema exclusivo da zona rural, senón que se dá tamén no casco urbano e nas rúas periféricas a este.
Tamén lle demandan ó goberno municipal un plan limpeza das gavias e cunetas no rural, que evite, coa chegada das chuvias, inundacións de rúas e camiños.