A POBRA> A Conselleira de Política Social visitou a residencia de maiores da Pobra onde hoxe mesmo se inician as obras de mellora. O obxectivo é adaptar as instalacións ó novo modelo de residencias que promove a Xunta con espazos máis amplos, luminosos e confortables.
Xa está en marcha a reforma integral da residencia de maiores da Pobra na que a Xunta investirá 366 mil euros co din de adaptala ó novo modelo autonómico de coidados.
Procederase a modernizar os espazos interiores facéndoos máis accesibles, acolledores e luminosos con novas zonas comúns, unha sala de rehabilitación e outra de cine.
Os traballos iniciados hoxe mesmo estarán concluídos a finais de ano. súmase ás obras xa acometidas no exterior do inmoble para a renovación da fachada, cuberta e carpintería exterior nas que Política Social investiu medio millón de euros..