![]()
PONTEVEDRA > Do 19 ó 21 de outubro, o Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá o II Congreso Internacional de Onomástica Galega. Xa hai máis de 100 inscritos no evento.
Este Congreso celebrou a súa primeira edición hai 4 anos en Santiago de Compostela.
A Asociación Galega de Onomástica naceu hai 7 anos coa finalidade de estudar e defender o patrimonio onomástico galego. As súas actividades céntranse principalmente nos campos da antroponimia, que estudia nomes e apelidos, e da toponimia, relativa ós nomes de lugares. O segundo Congreso Internacional de Onomástica Galega comezará o 19 de outubro ás 10 da mañá con ponencias e tamén comunicacións.
O Congreso conta co patrocinio da Consellería de Cultura e Deporte, o concello de Pontevedra, as Universidades de Santiago de Compostela e de Vigo e a Fundación Caixa Galicia. Ata Pontevedra achegaránse relatores de sona internacional: Viena, Rusia, Austria, Estados Unidos, Canadá ou Italia son algúns dos lugares de procedencia dos participantes.
Redacción Salnés









