APECO porá en marcha un portal de vendas on-line

    POBRA> A Asociación do Pequeno Comercio da Pobra do Caramiñal volve estar á vangarda. Un convenio asinado co concello permitiralle os comerciantes desta entidade poder crear e xestionar un portal de ventas de última xeración. A iniciativa entrará en funcionamento a finais de novembro. A Asociación do Pequeno Comercio da Pobra do Caramiñal e o Concello asinaban un convenio que lle permitirá á entidade poder crear e xestionar un portal de vendas. A axuda é posible grazas tamén a unha subvención solicitada polo Concello e aprobada pola Deputación da Coruña por un importe duns 6.500 euros. Dende o punto de vista comercial, trátase dunha iniciativa única e vangardista, a nivel estatal, polas súas condicións técnicas como ben explicou a propia presidenta da asociación de comerciantes, Amparo Cerecedo. Segundo ela esta páxina web estará sincronizada, en tempo real, coas tendas do municipio a través dun software específico, ademais doutras novidades O alcalde, Xosé Lois Piñeiro, valorou tamén moi positivamente a iniciativa, que se encadra.. Trátase dunha iniciativa na que o Deán leva traballando dende hai tempo, e que entrará en funcionamento a partir do 25 de novembro. Dende APECO fan un chamamento a que aqueles negocios, da Pobra ou de fóra, que estean interesados en participar neste proxecto, que se poñan en contacto coa asociación, onde lle darán cumprida información da iniciativa.