O Náutico de Boiro amplía a súa concesión ata o 2055

BOIRO> O Náutico de Boiro vén de ampliar a súa concesión ata o 2055. A autorización de Portos supón un punto de inflexión para o funcionamento do Club que xa se plantexa investimentos a longo prazo. Entre eles, a construción dunha nova sede e o incremento das prazas de atraque.

Hai tan só sete anos que o Club Náutico de Boiro comezou a súa andadura. Sen embargo, neste breve espazo de tempo xa son moitos os obxectivos alcanzados. O último: a ampliación da concesión de trinta a corenta a dous anos.

Esta boa nova plantexa importantes retos para a directiva do club cun ambicioso plan de futuro. Entre eles, a ampliación dos atraques, a mellora dos accesos ou a construción dunha nova sede social. Proxectos que virán complementar a Mariña Seca, inaugurada este verán, unha superficie de oito mil metros cadrados na que as embarcacións de recreo dispoñen de tódolos servizos necesarios para hibernar. Deste xeito, o club avanza cara a consecución doutro dos seus principais obxectivos: desestacionalizar o turismo e ofrecer servizos ós usuarios durante todo o ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí