O futuro do sector a debate no Foro dos Recursos Mariños

    carmengallego_foro_100_101006.jpgO GROVE > A conselleira de Pesca resaltou a nova mentalidade do sector pesqueiro galego durante a inauguración do Foro …. 

    dos Recursos Mariños e da Acuicultura das rías galegas. Na Toxa reuníronse diversos expertos e profesionais do sector en diversas mesas de traballo, arredor do marisqueo e pesca de baixura, acuicultura, ou a cooperación internacional.

    A Consellería de Pesca recibiu este ano máis de 50 proxectos colectivos encamiñados a unha pesca sustentable e a unha diversificación económica con actividades vinculadas ó mar. Carmen Gallego resaltou na Toxa que hai unha nova mentalidade no sector, que se preocupa por reducir a presión sobre o recursos mariños e buscar novas fontes de ingresos. Un aspecto que se analizou no Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas, na mesa de traballo dedicada ó Marisqueo e á Pesca de Baixura.

    carmengallego_foro_200_101006.jpgGallego resaltou que esta preocupación por facer compatible o desenvolvemento sostible coa actividade económica é extensible ó sector da acuicultura, outra das mesas de traballo deste Foro. A conselleira resaltou a colaboración das empresas na revisión do Plan de acuicultura e informou que foron identificadas alomenos cinco novas zonas para a instalación de plantas de acuicultura.

    Outro dos aspectos que se abordarán neste foro será a cooperación internacional. De feito, o vindeiro ano, coincidindo coa décima edición, desenvolverase un Foro Iberoamericano de recursos mariños e da acuicultura. Neste senso, Carmen Gallego, resaltou o traballo conxunto da Xunta con terceiros países.

    Redacción Salnés