Críticas do PP

    BARBANZA > O deputado barbanzán e voceiro adxunto do Grupo Popular, Manuel Ruiz Rivas, nunha nota de prensa sinala que a Xunta de Galicia colocou a primeira pedra da Autovía da Barbanza cun retraso mínimo dun ano sobre os prazos previstos inicialmente, sen que segundo el, o executivo galego explicase as razóns do incumprimento dos prazos previstos nun principio.

    Ruíz Rivas incidiu tamén no feito de a oferta adxudicataria das obras é 31 millóns de euros máis cara que a presentada por outra das empresas que optaba a executa-lo trazado. O deputado barbanzán lembra tamén que aínda quedan moitas dúbidas sen aclarar en relación co sobrecuste da obra ós que o presidente da Xunta non quixo referirse no acto protocolario. Ruiz Rivas recorda ademais que o anterior goberno da Xunta presidido por Manuel Fraga, deixara listos tódolos trámites para que o novo executivo efectuara a adxudicación nada máis tomar posesión, pero ese proceso foise aprazando , segundo el, sucesivamente e sen explicación algunha ata marzo deste ano. O deputado do Partido Popular repróchalle ó actual executivo autonómico que non aproveitara o ano perdido sen inicia-las obras para introducir melloras técnicas e de dotacións complementarias no trazado.

    Redacción Barbanza