Barral repite para que ‘Ribadumia sexa un concello para todos’

    joseramonbarral100_110507.jpgRIBADUMIA > Para que ‘sexa un concello para todos’ e co aval de 18 anos dedicados ó goberno municipal, José Ramón Barral

    … volve a presentarse ás Municipais baixo as siglas IR.

    joseramonbarral200_110507.jpgOnte á noite presentou a súa candidatura non sen antes saudar persoalmente ós veciños que encheron o salón de actos da Casa de Cultura de Ribadumia. Os Independentes de Ribadumia aseguran que o seu obxectivo é que tódolos veciños teñan os mesmos dereitos e deberes para acabar co caciquismo que din promulga o actual goberno do PP. Cerraron filas entorno ó seu líder, José Ramón Barral, polas críticas que lle lanzaron os populares na súa presentación.

    Barral adiantou algunhas liñas do seu programa electoral, que se baseará en asuntos económicos e sociais. Promete accións de emprego para mozos e maiores, completar a dotación de servizos mínimos, e servizos sociais para tódolos cidadáns. Entre os proxectos IR destacou unha piscina climatizada, un tanatorio municipal, a ampliación do polígono e clarificar a concentración parcelaria de Lois. Traballo e honradez será, segundo Barral, o que reciban os veciños cos Independentes no goberno.

    Nesta andaina, Barral leva en postos de saída a Mar Rey, Pilar Martínez, Antonio Cuíñas, María Jesús Vidal, Horacio Coira e David Castro.

    Redacción Salnés