BNG e PSOE aproban o convenio con Eroski grazas ó voto dun edil popular

    pazogoians_100_110507.jpgBOIRO > Polémico pleno o celebrado o pasado xoves en Boiro, no que se aprobou definitivamente o convenio urbanístico con Eroski.

    O voto decisivo veu da man do edil popular, Jesús Saavedra, que en contra do seu partido deciciu apoiar o polémico acordo xunto con tódolos concelleiros do BNG e PSOE. A votación xerou o malestar dos seus compañeiros do Partido Popular e tamén de gran parte do público asistente, que mesmo chegou a increpar e a ameazar ó concelleiro.

    A pesar dos insistentes rumores que dende hai días circulaban por Boiro, poucos agardaban que a sesión plenaria transcorrera tal como o fixo. O voto favorable do concelleiro popular, rompendo a disciplina de voto do partido, fixo posible que BNG e PSOE aprobaran definitivamente o acordo urbanístico mediante o cal o pazo de Goiáns volve a ser de titularidade municipal.

    A sorpresa inicial ó coñecer o resultado da votación tornouse en crispación e moitos das persoas que asistían como público no salón de plenos, ateigado de xente, increparon a Jesús Saavedra, que ó remate do sesión tivo que saír escoltado pola Policía Local

    Graves acusacións

    O cambio de voto tamén caeu como un xarro de auga fría no Partido Popular. O voceiro do PP boirés, Xoán Xosé Dieste, acusaba esta mañá a BNG e PSOE de ter comprado o voto de Saavedra ‘cunha serie de contraprestacións’. Ante a gravidade destes feitos, no caso de ser certos, Dieste solicitou á executiva do partido a apertura dun expediente a Jesús Saavedra e se resolva co resultado da súa expulsión irrevocable.xoanxosedieste_100_110507.jpg

    Pola súa banda, Jesús Saavedra saíu ó paso das acusacións realizadas polo seu compañeiro de partido sinalando que exerceu o seu dereito a voto dun xeito libre e independente, sen ceder a coaccións nin a ofertas económicas de ningún tipo.

    O edil popular entende que o convenio debía ser aprobado, para darlle a Eroski os terreos que lle corresponden, tal e como se estableceu no convenio inicial aprobado polo goberno do PP. Ademais insiste en que outros concelleiros populares estaban de acordo coa súa aprobación, pero non se atreveron a votar a favor por medo ós que, segundo declarou, ‘aínda mandan no PP de Boiro’.

    Saavedra, que xa leva 24 anos na política, afirma non ter nada que agochar posto que sempre desenvolveu a súa labor dende a honestidade. A súa intención é seguir militando no PP a pesar da intención do actual voceiro de expulsalo do partido.

    Reaccións

    Outro dos principais protagonistas da sesión plenaria foi o independente, Manuelvelo_100_110507.jpg Velo, que a pesar de ter participado nas negociacións iniciais do convenio decidiu desmarcarse votando en contra. Para o ex-membro do tripartito a aprobación deste acordo contribuirá a hipoteca-los intereses xerais dos cidadáns en beneficio duns poucos.

    O alcalde, Xosé Deira, criticou duramente a actitude de Manuel Velo durante o pleno xa que segundo el non estivo á altura de como debe actuar un representante do pobo. Pero lonxe de entrar en polémicas, o rexedor boirés valorou moi positivamente a aprobación do convenio que permitirá satisfacer unha vella demanda do seu goberno como é a recuperación do Pazo de Goiáns.

    A mesma opinión manifestou o voceiro socialista, Xoán Xesús Ares, indicando que o seu grupo sempre se mantivo fiel á mesma idea e sen cambiar de postura, defendendo por riba de todo os intereses do municipio, xa que para eles Goiáns é un ben preciado para tódolos boireses. Ares considera ademais que o acontecido no pleno non se produciría senón se tratara da época na que estamos, en plena campaña electoral.

    Agora que o convenio xa obtivo luz verde no pleno, a pesar da polémica suscitada, a intención do goberno boirés é realiza-la sinatura definitiva do acordo no Pazo de Goiáns o vindeiro Día das Letras Galegas, adicado á noiesa María Mariño, que residiu neste emblemático inmoble.

    Redacción Barbanza