Atracan un supermercado en Rubiáns

    VILAGARCÍA> Novo roubo en Vilagarcía, desta volta nun supermercado en Rubiáns. Os ladróns levaron os cartos da máquina rexistradora e algunhas botellas de bebidas alcohólicas. A pesares de que a Policía chegou cando aínda estaban dentro, conseguiron fuxir escapando polas leiras que rodean o edificio.

     

    O suceso produciuse ao redor das once e media da noite de onte. Un grupo de persoas conseguían entrar nun supermercado da recta de Rubiáns, despois de romper a cristaleira coa tapa dun sumidoiro e unha barra de ferro.

    Segundo fontes policiais, na caixa podería haber máis de 500 euros.

    A alarma instalada no establecemento deu aviso á comisaría. Cando chegou a Policía, os ladróns estaban aínda no recinto, pero conseguiron fuxir a través das leiras dos arredores.

    O roubo neste supermercado non é algo illado. Hai uns meses que Vilagarcía está a sufrir unha vaga de roubos que xa preocupa aos comerciantes.

    Este é o primeiro roubo que sofre o establecemento, que leva aberto pouco máis dun mes.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/19/roubo_mercamas_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/19/roubo_mercamas_vilagarcia.mp4{/flowplayer}