Marta Giráldez considera que o PP desvirtuaría a Mancomunidade se a liderase unha concelleira da oposición

SALNÉS> Marta Giráldez lamenta que o alcalde de Meaño estea disposto a apoiar ao Partido Popular na mancomunidade do Salnés. A actual presidenta, cree que a súa xestión foi boa e que conseguiu que o organismo volvese a estar unido. A socialista lamenta que se Meaño toma esa decisión sexa por cousas alleas á comarca, como as posibles axudas da Xunta ou da Deputación. Tamén agarda que o PP non presente como candidato a un concelleiro que non é alcalde, algo que consideraría un erro sen precedentes.

Aínda que non están decididos todos os membros que formarán parte da Mancomunidade do Salnés, todo fai indicar que Meaño será a chave para a gobernabilidade. Carlos Vietez, en declaracións a esta canle, deixou ver que a súa idea é apoiar ao PP. De ser así, Marta Giráldez lamenta que non se respecte a representación maioritaria dos diferentes concellos.

Aínda se descoñece quen será o candidato do Partido Popular. Carlos Vietez advertiu que vetaría a Gonzalo Durán, co que os outros alcaldes populares serían David Castro e Telmo Martín. Marta agarda que o PP non presente un candidato que non é alcalde.

Marta Giráldez, ao igual que fixo Carlos Vietez, considera que a xestión da mancomunidade foi boa durante estes catro anos e que se conseguiu unha unión entre as diferentes formacións que se prevía complicada. Con todos estes motivos enriba da mesa, lamenta que o que poida decidir a mancomunidade sexan negociacións alleas á comarca.

Aínda queda tempo para ver como se compón finalmente a mancomunidade do Salnés. O primeiro paso é que se realice as eleccións dos candidatos polos concellos que aínda non o fixeron. Posteriormente o Partido Popular deberá escoller ao seu candidato e comezar o período de negociacións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí