A Xunta Electoral Central inhíbese sobre a inelexibilidade de León

    VILAGARCÍA > Xa hai resposta da Xunta Electoral Central sobre a situación de Enrique León. Anque a resposta non é tan clara como moitos, sobre todo no PP vilagarcián, esperaban xa que a pesares de darlles a razón no fondo, a Xunta Central asegura que chegados a este punto e coa alcalde xa elexido, non é competente para resolver neste asunto. E a xunta electoral de zona da por boa a decisión de Madrid e renuncia sequera a reunirse para trata-lo tema.

    Tras varias horas de reunión a Xunta Electoral Central abstívose deixando no aire de novo a posible inelexibilidade de Enrique León. Tras recibi-la resposta á súa consulta, a Xunta Electoral de Zona debía reunirse para respostar á pregunta feita polo PP, pero finalmente decidiu dar por boa a resposta de Madrid e nin sequera se reunirá para trata-lo asunto.

    A resolución da Xunta Central conclúe que un policía nacional en segunda actividade é inelexible, e que as causas de inelexibilidade son tamén causas de incompatibilidade. tomasfole_200_060707__still_001.jpgPor tanto, se o PP plantexase a cuestión antes de celebrarse as eleccións, León non podería ser candidato.

    Sen embargo, e así se di tamén dende Madrid, unha vez consittuída a corporación e elexido o alcalde, non lle corresponde ás xuntas electorais decidir sobre o asunto.

    O PP vilagarcía está a estudar agora a resolución para ver que paso deben dar agora, anque cren que será interpoñer un contencioso electoral o que farán xa que consideran que a resposta de Madrid confirma totalmente as súas sospeitas ó considerar a León inelexible como concelleiro.

    Mañá está prevista unha comparecencia do voceiro popular, Tomás Fole, que posiblemente de a coñecer xa o seguinte paso a seguir neste tema.

    Redacción Salnés