MORAÑA> A Xunta de Galicia saca a licitación o proxecto de renovación da estrada PO 266 ao seu paso por Moraña por un importe próximo aos 400 mil euros. A obra inclúe a mellora das beirarrúas, da estrada e das redes de saneamento e servizos. O tramo é un dos principais accesos a Moraña e nel atópanse edificios importantes como a casa da cultura, a biblioteca e a escola de música.
Unha das rúas principais de acceso a Moraña renovarase por completo. A Xunta de Galicia saca a licitación o proxecto de mellora da PO 266 ao seu paso pola vila, concretamente no núcleo de Santa Lucía. Con esta obra ampliaranse as beirarrúas e mellorarase a estrada para facilitar o tráfico peonil.
O proxecto tamén inclúe a mellora das canalizacións e das redes de servicios.
A obra cobra gran importancia ao realizarse nun tramo no que se atopan edificios importantes para a vila como a casa da cultura, a biblioteca a escola de música e numerosos comercios.
As empresas teñen de prazo ata o 11 de julio para presentarse á oferta de contratación. Agardase que se liciten en setembro e unha vez que comecen teñen un prazo de execución de 6 meses. A previsión é que se rematen na primavera do vindeiro ano.