O PP de Pontevedra pon condicións para aprobar os soldos dos edís

    telmo_martin_100_0607070.jpgPONTEVEDRA > O ex alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, non quixo valora-lo soldo da súa sucesora, un dos máis altos da provincia.

    O voceiro do PP de Pontevedra, Telmo Martín, falou hoxe sobre o soldo da súa sucesora e tamén das asignacións que se pretenden aprobar o luns en Pontevedra. Sobre o tema dos salarios, Martín propuxo que se fixen por lei para evitar polémicas e situacións inxustas, como que un edil dun pequeño concello cobre moito máis que un da capital da provincia. ‘E se non queren fixalo por lei, dixo Martín, que se faga un pacto entre partidos para evitar estar con estas polémicas cada catro anos’.

    O actual voceiro do PP de Pontevedra recordou que el estivo catro anos sen cobrar como alcalde de Sanxenxo e que ‘fixo mal’, xa que todo o mundo debe cobrar polo seu traballo, pero as cantidades deben ser proporcionadas. Éste tema é precisamente unha das condicións que pon para aproba-las asignacións no seu concello. Anque non é a principal. Para o PP é prioritario que se forme goberno e mentres non o haxa, non apoiarán ningún soldo. Para Martín non é ‘ético’ estar falando de salarios cando nin sequera hai un goberno estable e o municipio está paralizado.

    Por iso pon como primeira condición para aprobar soldos e asignacións que se forme goberno e como segunda que se moderen as cantidades. Anque está resultando difícil chegar a acordo na cidade, Martín non dubida de que haberá pacto xa que hai mandato ‘de arriba’ e terán que cumprilo sexa bo ou malo para Pontevedra, algo que considera ‘triste’.

    Redacción Salnés