O executivo pobrés iniciará en setembro as obras de saneamento na Ribeiriña

    ribeiria_100_180707.jpgPOBRA > A empresa Proyecom Galicia levará a cabo as obras de saneamento na Ribeiriña e no Conchido por un importe de máis de 588 mil euros.

    Imaxes coma esta de vertidos directamente ó mar na zona da Ribeiriña e no Conchido non volverán a producirse. A Xunta de Galicia investirá máis de 588 mil euros na financiación do saneamento da Ribeiriña e do Conchido, unha obra moi demandada polos veciños desta zona costeira que une a Pobra do Caramiñal co municipio de Boiro. A actuación consistirá na realización de tres bombeos de augas residuais para conectar o novo colector á rede xeral. Ademais realizaranse melloras nos bombeos xa existentes e substituirase o colector xeral situado á entrada da localidade por un de maior diámetro.

    Enorme satisfacción

    Para o alcalde pobrés, Isaac Maceiras, a adxudicación deste proxecto constitúe unha enorme satisfacción posto que a corporación levaba anos demandando esta dotación de servizos básicos para os vecinos da Ribeiriña e o Conchido. A obra segundo el beneficiará a uns dous mil veciños.

    Saneamento integral

    Para o executivo pobrés un dos principais piares da súa política foi dende sempre a consecución do tan ansiado saneamento integral para o municipio, algo no que con esta obra se dá un avance importante. Segundo o propio Maceiras Rivas agora tan só restan pequenas actuacións nas distintas parroquias.

    Por esta razón e debido á importancia da actuación o rexedor pobrés tamén expresou o seu máis profundo agradecemento ó Conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, que amosou un grande interese pola consecunción do saneamento integral do concello.

    Redacción Barbanza