Despregue de autoridades na inauguración do Parque Empresarial de Abalo

    CATOIRA > Anque finalmente non estivo o presidente da Xunta, tal como estaba anunciado, sí acudiu a conselleira de Vivenda e Solo, directivos da SEPI e diversas autoridades comarcais, provinciais e galegas. A conselleira destacou a aposta do novo goberno por rematar coas carencias de solo industrial e recorodu que na área de influencia do Salnés pronto estarán en marcha case dous millóns e medio de metros cadrados.

    A inauguración do parque empresarial de Abalo converteuse en todo un acontecemento político. Numerosas caras coñecidas se deron cita esta mañá en Catoira para asistir ó que o alcalde cualificou como un día histórico para o municipio.

    inauguracionparqueabalo_200_180707.jpgEntre os presentes estaban os directores xerais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Daniel Pino, e de Fomento e Calidade da Vivenda, Encarna Otero, os deputados Carmen Cajide e Bieito Lobeira, os presidentes da Cámara de Comercio e do Porto de Vilagarcía, o responsable do BNG en Arousa Duarte Correa, a delegada de Innovación e Industria Montse Prado e varios concelleiros e ex concelleiros de Catoira e Vilagarcía. E é que este parque empresarial é moito máis que unha obra municipal e inscríbese no plan da Xunta para dotar a Arousa do solo industrial que precisa.

    A conselleira de Vivenda e Solo recordou que a medio prazo terán en marcha case dous millóns e medio de metros cadrados de solo empresarial na zona do Salnés que inclúen a ampliación do polígono do Pousadoiro, o parque Vilanova I e a Plataforma Loxística do Salnés.

    inauguracionparqueabalo_200_180707__still_003.jpgO parque empresarial ten 91 mil metros cadrados dos que 60.000 están repartidos en parcelas de mil a 5 mil metros cadrados. O resto, máis de 30.000 metros, adicaranse a equipamento social, deportivo e comercial, a zonas comúns e a viais e aparcamentos. Segundo explicou o director do proxecto, foi preciso mover 180.000 metros cúbicos de terra e rocha dos que 120.000 se fixeron por voadura o que provocou no seu día certa polémica no concello.

    Hoxe o alcalde defendeu a ubicación do polígono. Alberto García, pediu tamén a ampliación do parque, xa que a demanda para esta primeira fase xa superou con moito a oferta de parcelas. Os criterios que se seguirán para a adxudicación serán os de creación de emprego, inversión, prazos de posta en marcha e medidas medioambientais. Deste xeito as autoridades queren rematar coa especulación evitando a construcción de naves que despois queden baleiras.

    Redacción Salnés