![]()
POBRA> A vítima foi localizada no interior dun vehículo con varios impactos de bala na cabeza nun zona deshabitada da Mirandela, coñecida como o muiño vello.
O home ferido foi identificado como Juan Manuel Fariña Bretal, un veciño da Pobra, de trinta e catro anos de idade. Ademáis da Garda Civil, ata o lugar do suceso acudiu unha ambulancia.
{flowplayer}barbanza/tiroteopobra.flv{/flowplayer}
Perante a gravidade das feridas que presentaba, o mozo foi conducido ó Hospital da Barbanza, onde tras estabilizalo, os facultativos que o atenderon consideraron o seu traslado ó Hospital Clínico de Compostela onde foi operado de urxencia. O seu pronóstico é de extrema gravidade. De momento, permanece ingresado na Unidade de Coidados Intensivos.
‘Operación Yanki’
Axentes da Policia Xudicial da Garda Civil de A Coruña investigan o acontecido. Segundo os primeiros indicios, detrás do suceso podería agocharse un axuste de contas por asuntos relacionados co narcotráfico. Juan Manuel Fariña tiña antecedentes por tráfico de drogas.
No ano 2006 foi detido canda outras trece persoas nunha importante operación policial, bautizada co nome de ‘Yanki’, alcume polo que era coñecido na localidade Fariña Bretal. Na redada desarticulouse unha das banda máis importantes adicada a distribución de cocaína a gran escala na comarca da Barbanza.
Dende que aconteceu o suceso, varias persoas do entorno do ferido declararon perante a Garda Civil, o que posibilitou que xa se producise a primeira detención. Trátase dun pobrés, cas iniciais A.O.M., de trinta e sete anos. O detido permanece no cuartel da Garda Civil de Boiro e será posto a disposición xudicial nas vindeiras horas.
Redacción Barbanza









