‘Insértate’ inicia as prácticas con varias obras en Castrelo

    CAMBADOS > Profesores e alumnos da Escola Obradoiro ‘Insértate’ inician a fase práctica do proxecto acometendo varias obras na parroquia de Castrelo. Das 17 obras programadas na frustada …  

    … Escola Taller A Xuventude de Cambados, que fora denegada o pasado ano, a dirección acordou comezar pola remodelación de dúas unitarias, Baltar e Valada. Ambas atópanse nun estado de deterioro avanzado e serán adaptadas para funcionar como centros socioculturais na parroquia de Castrelo.

    Outra das accións desenvolverase nos lavadoiros de Xesteira e Baltar, tamén en Castrelo, e a primeira actuación será liberalos da maleza que os cubre. Os alumnos tamén comezaron as tarefas de limpeza, rozado e adecuación de camiños no monte da Pastora, onde se pretende restaurar tamén outros traballos realizados na etapa anterior da escola taller, ademais de reinstalar diversos puntos de luz colocados hai 3 anos.

    O obradoiro ‘Insértate’ desenvolverá 17 obras en total. No programa inclúese tamén a renovación do centros cultural de Vilariño e a construcción dun parque infantil no contorno. Ademais dos lavadoiros de Castrelo están os de O Pombal, O Couto, Xesteira, Baltar, Pedreira e Sineiro, ademais de dúas fontes, en Adro e Cerqueiras, e un parque infantil en Tragove. Outra das principais obras céntrase na mellora da iluminación pública no casco urbano, incluíndo os lavadoiros de Fefiñáns e O Pombal, a fonte do Rasteiro, na Calzada, e a estatua do Baco, na praza Ramón Cabanillas, e na capela da Pastora, entre outras zonas.

    Na rotonda da Cabana está previsto deseñar unha zona axardiñada, cun conxunto escultórico con alegoría ós sectores económicos de Cambados. No programa tamén está a segunda fase da rehabilitación do contorno do colexio Antonio Magariños. O último proxecto do obradoiro titúlase Cidade Verde e pretende crear novos espazos e mellorar os xa existentes. Para todo isto, Insértate conta cunha subvención de máis de 936 mil euros.

    Redacción Salnés