O xurado continúa a avaliación de candidaturas dos Dolmen

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/04/previogaladolmendeouro0409141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/04/previogaladolmendeouro040914.mp4{/flowplayer}

    NOIA> Os membros do xurado manterán un último encontro mañá ás 13 horas.

     A Federación de Empresarios do Barbanza está a traballar arreo para ter a punto a vixésimo sexta edición dos premios Dolmen de Ouro, que se desenvolverá mañá no liceo de Noia. A edición deste ano preséntase totalmente renovada, rompendo co que víñamos vendo nos últimos anos, xa que haberá seis apartados empresariais que serán galardoados (Empresa Familiar, Implantación I+D+i, Internacionalización, Excelencia na Xestión, Promoción Turística e Iniciativa Emprendedora). A secretaria da federación, Susana Martínez, explica o porqué deste cambio. O experto en turismo e presidente do xurado, Domènec Biosca, indicou que aínda se está a traballar na selección dos gañadores. A tarefa é ardua, xa que os 17 negocios participantes contan cun gran nivel empresarial, e todo apunta a que será na última reunión onde se dilucidarán os vencedores finais. Biosca tamén valorou positivamente o novo formato, dos premios Dolmen de Ouro, escollido pola Federación de Empresarios do Barbanza. Considera que a gala será todo un éxito.