Do ‘crecemento solidario’ á ‘Galicia hipotecada’

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/23/comisionfacenda231013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/23/ORZAMENTOS_XUNTA_231013.mp4{/flowplayer} SANTIAGO> A conselleira de Economía e Facenda, Elena Muñoz, compareceu na Comisión 3ª de Economía do Parlamento para explicar o deseño dos orzamentos da Xunta para o vindeiro ano, unhas contas que segundo ela, sentan as bases do ‘crecemento solidario’, mentres que para a oposición non son máis que uns orzamentos restritivos e que deixan unha débeda ‘disparada’ e que ‘hipoteca’ a Galicia. Calquera diría que esta mañá se falaba dos mesmos orzamentos na Comisión de Economía do Parlamento. Comparecía a conselleira de Facenda para explicar a configuración das contas, uns presupostos que segundo Elena Muñoz, sentan as bases para iniciar un ‘crecemento solidario’. A titular de Facenda debuxou un escenario para 2014 optimista, cunha leve mellora da economía grazas ó crecemento do Produto Interior Bruto nun 0,8 %, e un baixada da taxa do paro nun 21,7 %. Apuntou tamén a que se dobran os recursos dedicados a partidas ‘sensibles’. Malia definilos como ‘sociais’ e os ‘menos restritivos’, nos orzamentos para 2014 caen as partidas adxudicadas a tódalas consellerías excepto a Presidencia, e contémplanse subas no imposto dos carburantes ou imponse o copago hospitalario. En canto á débeda, sitúase en 575 millóns. Segundo a conselleira, esta débeda está controlada e os recortes débense ó descenso dos fondos procedentes do Estado. Con todo, di Muñoz, as perspectivas son boas. Uns argumentos que non lograron convencer á oposición, sobre todo no caso da débeda. ‘Preocupante’ para o PSdG, ‘disparada’ para AGE ou dunha ‘Galicia himotecada’ falaban desde o BNG, todos coincidiron en reclamar unha auditoría da débeda en Galicia.