O Salnés celebra o Día de Galicia con navallas e bacallao

festanavallailla100.jpgSALNÉS > Navallas e bacallao foron algúns do productos degustados na xornada festiva de onte. A elo contribuíron as festas

… gastronómicas da Illa de Arousa e de Vilagarcía. A primeira rematou xa, e nos dous días dedicados á navalla a organización despachou 1.200 quilos de producto. En Vilagarcía segue ata o domingo e, de momento, a estrela é o bacallao á vilagarciá.

festanavallailla200_260707.jpgAvalancha de comensais onte na Illa de Arousa. O reclamo a rica navalla da ría que se vendía a 8 euros a ración. A organización, na que participaban os clubs de piragüismo e ximnasia rítmica, afirma que se superaron as previsións e que onte ás nove da noite quedaron sen producto. Tiñan mil quilos e non lles quedou máis remedio que comprar alomenos 200 quilos máis, que tamén esgotaron.

E é que o bo tempo que tivemos na xornada de onte permitiu abrir as casetas no paseo do Xufre que estiveron cheas, sobre todo ás horas da comida e da cea. No menú, ademais de navallas á prancha, tamén había empanada e paella, ademais de viño albariño e ribeiro e refrescos. A recadación achegouse ós 44.500 euros e servirá para financiar as actividades deportivas dos clubs organizadores.

FESTA DO BACALLAO

festabacallao200_260707.jpgOnde seguen acendidos os fogóns é en Vilagarcía. Na Praza da Peixería continúa ata o domingo a Sexta Festa do Bacallao. Desde o martes xa se achegaron máis de mil persoas a degustar este pescado, cociñado de nove modos distintos. A organización destaca a receita de bacallao á vilagarciá como a máis demandada estes días, despois da empanada e do bacallao con garavanzos.

Ademais, outros pescados comparten cartel co bacallao, xa se serviron xurelos e bocartes e hoxe xoubas. Mañá prepararanse tamén xardas e o sábado fanecas. O domingo, dedicado á ruta xacobea, estarán todos nos fogóns, xunto co bacallao.

Redacción Salnés