![]()
PONTEVEDRA > A Secretaría Provincial dos socialistas de Pontevedra convocou ós alcaldes e outros cargos para falar sobre as medidas…
… que levou a cabo o goberno galego nas diferentes áreas, así como os plans do futuro máis inmediato. O balance dos socialistas foi moi bo e consideran que o goberno galego está ‘en boas mans’.
O secretario provincial do PSOE en Pontevedra, Modesto Pose, asegura que os feitos avalan o lema de que ‘Galicia vai mellor sen o PP’. Segundo Pose, ‘o
Goberno Touriño en dous anos ten unha xestión moi superior ós 4 últimos anos de Fraga-Núñez Feijoo’. E engade que ‘hoxe en Galicia son ben pouquiños os que botan de menos a Fraga’. O secretario provincial fixo esta valoración baseándose na evolución da economía e o emprego que, segundo dixo, van ‘mellor que nunca’.
En materia de inversións en educación e investigación considera que se demostrou a verdadeira aposta polo futuro, tamén recordou os investimentos en política social, como a Lei de Dependencia, e o compromiso de frea-la desfeita urbanística e protexe-lo medio ambiente. Segundo os socialistas pontevedreses, os datos demostran que os galegos poden ‘estar tranquilos e esperanzados coa labor do goberno galego’.
Redacción Salnés








