Volta á normalidade no colexio Viñagrande

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/19/colexio_vilanova.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/19/colexio_vilanova.mp4{/flowplayer} 

 

VILANOVA> A normalidade volve ó colexio de Viñagrande. Os alumnos puideron retornar hoxe ás aulas, despois de que un temporal levara parte do tellado do centro vilanovés hai varias semanas.

Dende hoxe, o colexio pode volver á normalidade cun tellado novo, despois de que Petra destrozara o anterior.

Os importantes danos obrigaron a ser precavidos e a trasladar ós máis de douscentos alumnos de Viñagrande, que pasaron a asistir ás clases no colexio de Tremoedo.

Esta mañá, o alcalde de Vilanova presumía da xestión que realizaron conxuntamente coa Consellería de Educación. Dúas horas despois de que se produciran os destrozos, xa arrancaron os traballos para reparar o centro.

Para a reparación do tellado, a Consellería destinou preto de 70 mil euros. Os obreiros traballaron incluso as fins de semana para solucionar o problema canto antes e, aínda que hoxe estaban a dar os últimos retoques, Viñagrande xa recuperou a actividade.