Os sanitarios volven concentrarse contra o peche de 98 camas no CHOP polo verán

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/01/protestas_sanidade.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/01/protestas_sanidade.mp4{/flowplayer}

 

PONTEVEDRA> Os profesionais da sanidade volven estar en pé de guerra coa chegada do verán. Preto de trinta traballadores do Complexo Hospitalario de Pontevedra concentráronse esta mañá ás portas do provincial para denunciar o peche masivo de camas na área sanitaria norte da provincia. Segundo os sindicatos, nos centros de Pontevedra e O Salnés está previsto que cerren 98 camas durante o verán.

Os sanitarios do Complexo Hospitalario de Pontevedra volven denunciar o peche de camas coa chegada do verán. Aseguran que a previsión é que 98 camas permanezan cerradas durante o período estival nos Hospitais de Pontevedra e O Salnés, algo que favorece aos centros concertados.

Servizos como medicina interna, pediatría e lactantes ou oncoloxía xa se pecharon. Prevén que tamén cerren o de traumatoloxía en Montecelo e parte de cirurxía.

Tamén empeoran as condicións de traballo dos profesionais, que mudan de servizo cada día, e ven como se reduce drasticamente o número de contratacións.

Dende o Complexo Hospitalario, pola súa banda, apoian esta decisión na menor ocupación durante os meses de verán, apuntando que no do 2014 permaneceron unha media diaria de 141 camas libres. Insisten, ademais, en que as camas pechadas poden activarse de xeito inmediato para atender posibles aumentos da demanda.