O Xuventud presenta ó equipo co que espera volver a Preferente

ptac.xuventudcambados_100_260707__still_003.jpgCAMBADOS > Aproveitando o día festivo, a nova directiva presentou publicamente no campo de Burgáns a xogadores e técnicos.

Nova directiva, novo adestrador e un persoal moi novo tratarán de recupera-la categoría perdida. O Xuventud quere volver a Rexional Preferente tras baixar a Primeira Rexional e para iso presentan a un equipo renovado e con moita ilusión. O presidente Ricardo Charlín pediulles ós xogadores ‘implicación neste proxecto’, anque recordou que ‘parten dende cero’ e por iso advertiulle ó público presente que ‘os comezos poden ser difíciles’.

O novo equipo estará formado polos porteiros Toño, Fernando e Neno Millán, os defensas Edu, Fiera, Koeman, Bruno, Rober, Mané, Chopi e Fran. Os centrocampistas serán Jaco Noya, Rafa, Penja, Toño Agra, Curri, Simón, Cascallar e José Ángel e os dianteiros Domin, Melo, Gabi e Eulogio. E como adestrador Eduardo Carregal, que xa logrou o ascenso co Estradense.

O técnico anunciou que aínda queda por pecha-la plantilla cun central ou un medio centro para ter un equipo máis competitivo e compensado pero asegurou contar cun bo plantel.

Redacción Salnés