O Vilalonga sae do pozo, o Céltiga afúndese nel

vilalonga250_260410.jpgPONTEVEDRA> Os de Gabi Leis gañaron na Xunqueira (1-2) e acarician a permanencia. Os da Illa caeron ante o Somozas e xa ocupan postos de descenso directo.

{flowplayer}images/salnes/vilalonga_260410.flv{/flowplayer} 

Eran oito xornadas sen gañar e por fin o Vilalonga acadou esa victoria, ante un rival directo e que o deixa a un paso da salvación. Tivo que sudalo nun partido que se puxo de cara moi cedo. Ós catro minutos Manu Rodríguez soltaba un latigazo dende 30 metros que Ríos non era quen de atallar. O máis atento no rexeite foi Miguel Abal que puxo o 0-1.

Co resultado a favor os de Gabi Leis xogaron tranquilos, foron superiores e puideron golear na primiera parte. As primeiras ocasións protagonizounas Melchor, primeiro ó rematar coa testa un centro de Sául e logo cun disparo cruzado que sacou Ríos. Pola banda dereita tamén levaron perigo. Leo internouse a toda velocidade pero o seu centrochut non atopou nin compañeiro nin portería. Saúl, que volvía á convocatoria trala súa lesión, tívoa dende a frontal do área. O dianteiro retirouse con molestias antes do final do choque.

O Pontevedra B non se achegou á portería de César ata o tramo final do primeiro tempo. As súas opcións máis claras chegaron en xogadas a balón parado. A mellor tívoa o ex do Céltiga Diego Peláez, pero a súa volea sacouna a corner Leo. Así remataba a primeira parte, de claro dominio celeste.

Pero a segunda comezou igual maneira que rematou a primeira, co filial granate atacando. E así chegou o empate por mediación de Pazó, que se buscou moi ben un oco dentro do area para poñer coa zurda o 1-1 no marcador.

A ledicia duroulles moi pouco, porque na xogada posterior era o Vilalonga quen volvía marcar. Foi Miguel Vázquez, quen ratificou o seu gran partido cun gol.

Co 1-2 os dous equipos fixeron o que cabía esperar. O Pontevedra foise arriba con todo e o Vilalonga, falto xa de frescura, tirou de veteranía para manter o resultado. As ocasións dos locais sucedéronse unha tras outra, sobre todo no tramo final cando os celestes pecháronse no área, pero non atoparon o tanto do empate. Estes tres puntos deixan ó Vilalonga a un paso da salvación.

A semana que ven descasarán pero poderían atar a permanencia matemática simplemente con que o Pontevedra B non gañe. Os de Luis Casais, pola contra complícanse moito a súa continuidade na Teceira.

O CÉLTIGA A PIQEUES DE PERDER A CATEGORÍA

Pero o que se complica de verdade a permanencia é o Céltiga que esta semana caeu a postos de descenso directo logo de perder nas Pardiñas ante o Somozas por 1-0. Juan Sebastián, de penalti, fixo o único tanto do encontro ós 20 minutos. Con Ricardo Dios no banquiño, logo da dimisión o venres pola noite de Antonio Gómez, os da Illa víronse dominados nos primeiros instantes e logo non atoparon o gol do empate cando tiveron as súas ocasións, sobre todo no segundo tempo. A situación na que queda o equipo é crítica, ó borde do descenso, a tres puntos da salvación, seis se contamos os arrastres dende 2ªB, polo que só unha milgare mantería ó equipo na Terceira.

Redacción Salnés