Pepe Laso, padriño da VBC ’10 que hoxe foi presentada

basket250_160310.jpgCAMBADOS> Hoxe foi presentada na adega Martín Códax en Cambados a XV Vilagarcía Basket Cup. Un dos grandes protagonistas esta mañá foi Pepe Laso, o escollido pola organización como padriño. No acto quíxose deixar a un lado a polémica que rodeu ó torneo nos últimos meses.

{flowplayer}images/salnes/basketcup_160310.flv{/flowplayer} 

A Vilagarcía Basket Cup 2010 presentouse oficialmente esta mañá, nun acto máis frío e escueto que en edicións pasadas. Membros da organización, autoridades políticas e persoeiros do mundo da canastra déronse cita na adega Martín Códax onde o mestre de cerimonias foi o televisivo Terio Carrera, que colleu o testigo do director do torneo, Alberto Blanco, que este ano semella querer quedarse nun segundo plano. O discurso iso si, foi unha reivindicación do esforzo que supón para a organización sacar este torneo adiante.

A gran incógnita era coñecer o nome do padriño. Pepe Laso ex-xogador e ex-adestrador entre outros do Baloncesto Vlladolid ou Baskonia, amosouse moi ledo por ser o elexido e suceder nesta honra a José Luís Sáez. 

Laso valorou moi positivamente a xeración de xogadores que se vai poder ver do 1 ó 3 de abril en Fexdega. 

Polémicas a un lado, comeza a recta final para a posta en marcha dun torneo que reunirá a case 2.000 rapaces entre a Basket Base e a Future Stars.

A competición sub-20 verá o seu número de equipos reducido de oito a seis: Joventut, Estudiantes, Zelecnic e Mega Vizura, ambos de Belgrado, Dynamo de Moscova e Zalgiris Kaunas loitarán pola Árbore Alegórica.

Redacción Salnés