Caetano Horta, pasaporte a Tokio

NOIA> O deporte noiés está de noraboa. Esta pasada fin de semana o deportista local, Caetano Horta, remeiro do Club de Mar Noia, conseguiu a súa clasificación para os Xogos Olímpicos de Tokio.

O noiés participará na modalidade de dobre scull lixeiro, formando parella do catalán Manel Balastegui. A dupla española conseguía a vitoria na final B do Campionato de Europa Absoluto, disputado na localidade italiana de Varese. Para clasificarse só lles valía rematar entre os dous primeiros botes.

Unha cita histórica para o deporte noiés que por primeira vez na súa historia terá a un deportista local disputando uns Xogos Olímpicos. A traxectoria de Caetano Horta estes anos foi impresionante, cun palmarés brillante en categorías inferiores, onde é o vixente campión europeo en idade xuvenil.

A pesar da súa xuventude, apenas dezaoito anos recén cumpridos. ó deportista noiés quédalle un futuro prometedor neste deporte. E quen sabe, ó mellor volve con medalla de Tokio. Por falta de traballo e esforzo seguro que non será…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí