A Festa dos Productos do Mar encherá os tres fins de semana de agosto

festadomar_100_010807__still_001.jpgA ILLA > A terceira Festa Gastronómica dos Productos do Mar da Illa de Arousa comezará o próximo día 5 e alongarase …

… durante os tres fins de semana de agosto. Esta nova edición foi presentada hoxe en rolda de prensa polo presidente do club de fútbol Celtiga, Manuel Martiñán, e pola concelleira de deportes, Juliana Díos. Ambos coincidiron en sinalar que coa ampliación da festa en dous días agardan superar as 18.000 persoas do ano pasado.

A festa contará con dúas carpas de 200 metros cada unha e asentos e mesas para 1.200 persoas colocados no paseo marítimo do Cantiño. As xornadas de degustación serán tódolos sábados e domingos de agosto entre as 11:00 da mañá e as 16:30 horas e dende as 19:00 e as 23:00 pola tarde. Os mediodías dos domingos contarán con grupos folclóricos que amenizaran a comida. O día 26 remataranse as festas coa proxección de películas onde se ensinarán os métodos de pesca destes productos do mar e imaxes da Illa de Arousa nunha pantalla xigante que se colocará no mesmo paseo.

8 postos, nos que traballarán arreo 8 cociñeiras, serán os encargados de vender as ración de polbo, navalla, sardiñas, berberechos, camaróns, tortilla, empanada, paella de marisco… etc. Tódolos productos do mar que se poden degustar cada ano elaborados de diferentes formas. As racións variarán de prezo segundo os productos. Os máis económicos serán os mexillóns por 2,50 euros e as máis caras as navallas por 8 euros.

O recadado na festa irá destinado ós 11 equipos de fútbol do Celtiga para os gastos de desprazamentos, fichaxes e demais gastos federativos.

Redacción Salnés