Costas dá por rematada a reordenación ambiental de Testal

NOIA> A actuación, sufragada na súa totalidade pola Dirección Xeral de Sostenibilidade da Costa e do Mar, ascendeu a uns 375 mil euros.

O xefe da Demarcación de Costas en Galicia, Rafael Eimil, e o alcalde de Noia, Santiago Freire, visitaron esta mañá a contorna da praia do Testal, onde veñen de rematar as obras de reordenación ambiental do litoral noiés. Un proxecto realizado pola Dirección Xeral de Sostenibilidade da Costa e do Mar que supuxo un investimento duns 375 mil euros. O rexedor noiés destacou a importancia desta actuación que vén a mellorar a contorna paisaxística da zona.

Freire tamén se referiu a outro proxecto pendente da Demarcación de Costas no municipio, como é a remodelación da Fachada Marítima. Unha actuación que agarda poida desenvolverse ao longo dos próximos meses.