Caritarte e Don Juan Tenorio, oferta cultural desta fin de semana

culturavilagarcia100.jpgVILAGARCÍA > Vilagarcía mostrará nos próximos días a súa parte mais cultural. Dous eventos, un na Sala Ribas Briones y outro no Auditorio.

A primeira e mañá, Caritarte, exposición benéfica a favor de Cáritas e a obra de teatro Don Juan Tenorio, para o mércores. OFF: Caritarte,mañá as oito, unha referencia da solidariedade en Vilagarcía, unha cita coñecida xa, na que participan artistas non só da zona, senón internacionais. Este ano cóntase coa participación de obras de México e Canadá.

Esculturas, pinturas ou fotografías que grazas a colaboración dos compradores, farán posible unha renovación dos utensilios de cociña no comedor de Cáritas. O traballo conxunto dos traballadores e voluntarios de Cáritas, do concello vilagarcián e dos artistas, fan posible esta cita, na que haberá 95 obras de 88 artistas.

Por outra banda, ao ser novembro o mes por excelencia, da obra de Zorrilla, Don Juan Tenorio, o Auditorio acolle unha montaxe novidosa con actores da talla de Fernando Gil, Cristina Bernal o Alba Alonso.

Don Juan Tenorio, un clásico entre os clásicos ao que José Gago, Director de Caixanova, insiste en levar os máis pequenos da casa.

Quixeron recordar aos usuarios,que xa funciona o caixeiro automático de entradas no Auditorio.

Redacción Salnés.