A CIG Barbanza apunta a outros factores para explicar a baixada do paro

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/03/cigbarbanzavaloraciondatosparo0306141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/03/cigbarbanzavaloraciondatosparo030614.mp4{/flowplayer} BARBANZA> Segundo este sindicato as contratacións propias do verán ou o descenso da poboación activa poderían estar detrás da baixada nos niveis de desemprego. Dende a CIG Barbanza son menos triunfalista á hora de valorar a baixada dos datos de desemprego. Para eles é unha circunstancia que se repite ano tras ano por estas datas, debido ós contratos estacionais ligados ó sector turístico, fundamentalmente hostalería. Outra das lecturas que se fai dende a Confederación Intersindical Galega para explicar esta baixada atopámola tamén no descenso da poboación activa. A situación é, segundo el, extrapolable ó Barbanza, onde se repiten practicamente os mesmos parámetros, cunha única salvedade, o sector conserveiro, que segue a ser a válvula de escape para moitas familias da comarca.