Ingresan en prisión tres novos implicados na ‘Operación Piraña’

    detido_pirana100_091107.jpgCAMBADOS > Ás 12 e media da noite saíron 3 dos catro últimos detidos da ‘Operación Piraña’ contra o narcotráfico

    … Escoltados por axentes da Garda Civil foron trasladados do Xulgado de Cambados ó cárcere da Lama despois de case 10 horas de interrogatorio. O cuarto detido saíu en liberdade con cargos. No día de onte detiveron a un quinto sospeitoso que está prestando declaración nestes intres. Con esta última operación, xa son 11 os detidos.

    detido_pirana200_091107.jpgDende as 9 da mañá de onte levaban prestando declaración os 5 últimos detidos da operación Piraña, descuberta a organización a semana pasada tras tentar introducir 4.000 quilos de cocaína polas Rías Baixas. Xa pasadas as doce da noite saían tres dos catro detidos do Xulgado de Cambados cara ó cárcere da Lama. O cuarto saíu en liberdade con cargos.

    detido1_pirana200_091107.jpgOs presuntos narcotraficantes están identificados como Juan Antonio G.L, procedente de Vigo que, aínda que carece de antecedentes, foi investigado durante anos. Emilio S.F, duns 45 anos e casado en A Modia (Cambados) e residente ó carón da vivenda onde foi asasinado Ramón Outeda no ano 2005 nun presunto axuste de contas, e que ademais forma parte dun clan coñecido como ‘Os Machuchos. O terceiro dos presuntos narcotraficantes chámase Daniel D.V.

    No día de onte tamén se produciu unha quinta detención, que se prevé que estea declarando nestes intres.

    {flowplayer}images/salnes/operacionpirana.flv{/flowplayer}

    Redacción Salnés