A costa galega recupérase cinco anos despois da marea negra do Prestige

    5aniversarioprestige_100_13.jpgBARBANZA > O quinto aniversario do desastre do Prestige viviuse nos portos do Barbanza con normalidade, sen celebracións nen homenaxes reseñables.

    Despois dun lustro, os mariñeiros que saen a faenar a diario cren que o afundimento do pecio afectou negativamente á fauna mariña da ría, pois o nivel das capturas non para de mermar.

    Os mariñeiros de Aguiño, porto no que se viviron momentos de gran tensión nos días posteriores ó afundimento do Prestige, lembran a dureza dos traballos de limpeza ou a impotencia de ver como o verquido se achegaba á costa.

    Erros evitables

    Entre os mariñeiros do Barbanza existe a certeza de que naqueles días se cometeron moitos erros e tamén de que a situación pudo ser afrontada doutro xeito mellor.

    Despois destes cinco anos, mentres que os traballadores proseguen coas suas tarefas diarias, o casco do Prestige segue afundido no mar e soltando pequenos residuos que son “perfectamente degradables” segundo os expertos, polo que os mariñeiros cren que xa non é necesario sacar o barco do fondo mariño.

    Inversión millonaria

    Na recuperación da costa despois do desastre do Prestige levanse invertidos máis de mil millóns de euros, nos que se inclúe tamén as subvencións ós afectados. Grazas a esta inversión e ó traballo de miles de voluntarios naqueles días, a costa da zona norte da Ría de Arousa, aínda que non tan afectada como a denominada Zona Cero, está xa recuperada, segue dando traballo a moitas familias e amosa todo o seu esplendor.

    {flowplayer}barbanza/5aniversarioprestige.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza