O vindeiro luns 28 arranca o xuízo pola morte de Diana Quer

BARBANZA> Será un proceso longo, de dúas semanas, con xurado popular, no que participarán uns cincuenta testemuñas e corenta peritos. No banco sentarase José Enrique Abuín, o ‘Chicle’, o autor confeso da morte da moza madrileña. Declarará o martes 29, o mesmo día que o farán os país de Diana.

José Enrique Abuín o ‘Chicle’ volverá a vindeira semana á sede da Audiencia Provincial da Coruña con sede en Santiago. Declarará o martes 29, un día despois da constitución do xurado popular, que será quen se encargue de determinar, despois de analizar os feitos, a autoría do crime de Diana Quer. Ese mesmo día, declararán tamén os país de Diana: Juan Carlos Quer e Diana López Pinel. A partir de aí, entre o 30 de outubro e o 5 de novembro, pola sala pasarán máis de cincuenta testemuñas, entre os que figuran familiares do ‘Chicle’, coñecidos da vítima e policías que participaron na investigación. A partir do día 6 arrancarán as probas periciais coa declaración duns corenta expertos. Entre outros aspectos analizarase a identificación do vehículo do acusado captado pola cámara dunha gasolineira, un informe grafolóxico, a análise do rastrexo dos teléfonos móbiles ou os dous informes forenses realizados. Unha vez analizados tódolos datos iniciarase o proceso de deliberación do xurado, ata chegar ó fallo. José Enrique Abuín Gey, o ‘Chicle’, enfróntase ós delitos de asasinato, agresión sexual e detención ilegal, polos que tanto a Fiscalía como a acusación particular piden para él a prisión permanente revisable. No xuízo deberá determinarse tamén se Diana Quer sufriu agresión sexual ou non. Unha circunstancia necesaria para que, xunto ó delito de asasinato, o ‘Chicle’, fose condenado á pena de prisión permanente revisable.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí